ENCONTRO SOCIAL Conxunto
de colectivos, asociacións, organizacións e persoas, unidas
para enfrontarse á Estafa chamada Crise e ás políticas
neoliberais, mediante propostas, denuncias, demandas e
mobilizacións, e construíndo outro modelo social, baseado na
complementariedade, solidariedade, reciprocidade e cooperación
coa creación e mantemento dunha Rede de Apoio Mutuo. O
Encontro Social de Ferrol Terra, reúnense na Asemblea de
movementos, organizacións e persoas. Non se trata só de saír
da Crise, trata-se de saír do Capitalismo.
ASEMBLEA
PLENARIA Xuntanza
aberta a todas as persoas e entidades que teñan interese en
dinamizar a Rede Social de Ferrol Terra, tendo como punto de
partida o Manifesto do Encontro Social
e a Carta de Principios do FSM.
*** A
nova acción política,
terá como unha das tarefas principais, construír unha
economía alternativa, baseada en 'Compartir e Cooperar',
fronte ao modelo Capitalista de 'Acumular e Competir'. Mais
estas tarefas deberán formar parte dun proxecto ideolóxico,
político e social de transformación, onde á existencia do
sector público é fundamental (Alimentación, Financeiro, Enerxía, Infraestruturas,
Sanidade, Ensino, Servizos Públicos...)
|
COMISIÓNS
DE TRABALLO
C.
de Economía Social e Calidade de Vida. Que integra
provisionalmente á Comisión para conseguir un Parque
de Vivendas Sociais de Aluguer.
|
C.
de Diagnose e Comunicación
|
C.
de Inmigración (Asemblea Sen Papeis Ferrol)
|
C.
de Agricultura (P)
|
C.
para a constitución dun Servizo Comunitario de Defensa
Xurídica (en estudo)
|
|
XORNADAS As
Xornadas son un instrumento do Encontro para a información,
debate e formación (Exemplos de xornadas feitas até agora:
tres Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas; e unha
Xornada de traballo e debate dos Estatutos de Arméria)
|
|
REDE
DE APOIO MUTUO Conxunto
de persoas, actividades, accións, ideas, proxectos, recursos,
bens... que fan posíbeis os obxectivos marcados polo Encontro
Social de Ferrol Terra, para afrontar de xeito colectivo, os
problemas provocados na nosa comarca polas políticas
neoliberais e o propio sistema capitalista.
COOPERATIVA ARMÉRIA Arméria
é unha sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro.
A cooperativa Arméria é unha ferramenta legalizada e con
entidade xurídica propia da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol
Terra. Arméria ten como obxectivo promover actividades
de economía social e solidaria que incidan favorabelmente
na calidade de vida das persoas poboadoras do territorio no
que actúa, nas comarcas de Ferrol Terra de Trasancos,
Bezoucos, Eume e Ortegal. Unhas actividades guiadas polos principios
da cooperación, a complementariedade, a reciprocidade, a
autoxestión, portas abertas, democracia, e axuda mutua, con
metodoloxías creativas e enfoque intercultural. Nestas
actividades empregaremos xunto ao diñeiro corrente, os
euros, o diñeiro social, medido en tempo, traballo
voluntario ou intercambios.Para asociarse a Arméria hai que contribuir con 30 euros ou 5 horas de traballo comunitario.
Comisión
Técnica (P)
|
Comisión
Social (P)
|
Consello
|
Asemblea
|
Grupo
de Apoio ás Finanzas e Seguros Éticos
|
Comisión
de Viaxes Educativos e Solidarios
|
Comisión
de Organización de Eventos (P)
|
Centro
Comarcal de Comunicación (P)
|
Recuperación
e Comercialización Alternativa de Roupa e outros
Complementos de Segunda Man |Tenda de Troco|
|
|
|
|
|
PETO
SOLIDARIO (P)
|
|
COMISIÓN XUSTIZA SOCIAL
|
|
FORO
SOCIAL O
Foro Social de Ferrol Terra -FSdeFerrolTerra, que adopta a
Carta de Principios do Foro Social Mundial, é un espazo
aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da
reflexión, formulación de propostas, intercambio de
experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, ongs
e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao
neoliberalismo e ao asoballamento das persoas fronte ao capital
e que denuncian calquera forma de imperialismo. O
FSdeFerrolTerra caracterízase pola súa pluralidade e
diversidade, tendo un carácter non confesional, non
gobernamental e non partidario. O FSdeFerrolTerra non é unha
entidade e non pretende ser unha instancia representativa da
sociedade civil da Comarca. O FSdeFerrolTerra, o conforma o
propio evento e un Consello Local que promove e organiza a súa
realización. Este Consello é aberto a todas as organizacións
sociais da Comarca que asuman a Carta
de Principios do FSM.
|
A
Comisión Técnica é competente en: resolver os
asuntos legais da cooperativa; facer os estudos de
viabilidade das diferentes actividades e proxectos; apoio
técnico a outros proxectos de economía social e solidaria;
e outras que acorde a Asemblea Xeral.
|
A
Comisión Social é competente en: dinamizar a
participación das persoas socias na diferentes actividades;
as relacións da cooperativa con outras entidades e
administracións; e outras que acorde a Asemblea Xeral.
|
(P) Pendente de
constituír ou de formalizar
|
|