Páginas

Rede

REDE SOCIAL DE FERROL TERRA

ENCONTRO SOCIAL
Conxunto de colectivos, asociacións, organizacións e persoas, unidas para enfrontarse á Estafa chamada Crise e ás políticas neoliberais, mediante propostas, denuncias, demandas e mobilizacións, e construíndo outro modelo social, baseado na complementariedade, solidariedade, reciprocidade e cooperación coa creación e mantemento dunha Rede de Apoio Mutuo. O Encontro Social de Ferrol Terra, reúnense na Asemblea de movementos, organizacións e persoas. Non se trata só de saír da Crise, trata-se de saír do Capitalismo.

ASEMBLEA PLENARIA
Xuntanza aberta a todas as persoas e entidades que teñan interese en dinamizar a Rede Social de Ferrol Terra, tendo como punto de partida o Manifesto do Encontro Social e a Carta de Principios do FSM.

***

A nova acción política
, terá como unha das tarefas principais, construír unha economía alternativa, baseada en 'Compartir e Cooperar', fronte ao modelo Capitalista de 'Acumular e Competir'. Mais estas tarefas deberán formar parte dun proxecto ideolóxico, político e social de transformación, onde á existencia do sector público é fundamental (Alimentación, Financeiro, Enerxía, Infraestruturas, Sanidade, Ensino, Servizos Públicos...)
COMISIÓNS DE TRABALLO
C. de Economía Social e Calidade de Vida.
Que integra provisionalmente á Comisión para conseguir un
Parque de Vivendas Sociais de Aluguer.
C. de Diagnose e Comunicación
C. de Inmigración
(Asemblea Sen Papeis Ferrol)
C. de Agricultura (P)
C. para a constitución dun Servizo Comunitario de Defensa Xurídica
(en estudo)
XORNADAS
As Xornadas son un instrumento do Encontro para a información, debate e formación (Exemplos de xornadas feitas até agora: tres Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas; e unha Xornada de traballo e debate dos Estatutos de Arméria)

REDE DE APOIO MUTUO
Conxunto de persoas, actividades, accións, ideas, proxectos, recursos, bens... que fan posíbeis os obxectivos marcados polo Encontro Social de Ferrol Terra, para afrontar de xeito colectivo, os problemas provocados na nosa comarca polas políticas neoliberais e o propio sistema capitalista.
COOPERATIVA ARMÉRIA
Arméria é unha sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro.
A cooperativa Arméria é unha ferramenta legalizada e con entidade xurídica propia da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Arméria ten como obxectivo promover actividades de economía social e solidaria que incidan favorabelmente na calidade de vida das persoas poboadoras do territorio no que actúa, nas comarcas de Ferrol Terra de Trasancos, Bezoucos, Eume e Ortegal. Unhas actividades guiadas polos principios da cooperación, a complementariedade, a reciprocidade, a autoxestión, portas abertas, democracia, e axuda mutua, con metodoloxías creativas e enfoque intercultural. Nestas actividades empregaremos xunto ao diñeiro corrente, os euros, o diñeiro social, medido en tempo, traballo voluntario ou intercambios.Para asociarse a Arméria hai que contribuir con 30 euros ou 5 horas de traballo comunitario.

Comisión Técnica (P)
Comisión Social (P)
Consello
Asemblea

Grupo de Apoio ás Finanzas e Seguros Éticos
Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios
Comisión de Organización de Eventos (P)
Centro Comarcal de Comunicación (P)
Recuperación e Comercialización Alternativa de Roupa e outros Complementos de Segunda Man
|Tenda de Troco|
PETO SOLIDARIO (P)
COMISIÓN
XUSTIZA SOCIAL

FORO SOCIAL
O Foro Social de Ferrol Terra -FSdeFerrolTerra, que adopta a Carta de Principios do Foro Social Mundial, é un espazo aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, ongs e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao neoliberalismo e ao asoballamento das persoas fronte ao capital e que denuncian calquera forma de imperialismo.
O FSdeFerrolTerra caracterízase pola súa pluralidade e diversidade, tendo un carácter non confesional, non gobernamental e non partidario. O FSdeFerrolTerra non é unha entidade e non pretende ser unha instancia representativa da sociedade civil da Comarca.
O FSdeFerrolTerra, o conforma o propio evento e un Consello Local que promove e organiza a súa realización. Este Consello é aberto a todas as organizacións sociais da Comarca que asuman a Carta de Principios do FSM.

A Comisión Técnica é competente en: resolver os asuntos legais da cooperativa; facer os estudos de viabilidade das diferentes actividades e proxectos; apoio técnico a outros proxectos de economía social e solidaria; e outras que acorde a Asemblea Xeral.
A Comisión Social é competente en: dinamizar a participación das persoas socias na diferentes actividades; as relacións da cooperativa con outras entidades e administracións; e outras que acorde a Asemblea Xeral.

(P) Pendente de constituír ou de formalizar